Un espazo para descubrir, preservar e compartir o patrimonio cultural e científico existente no Campus de Pontevedra.

Unha xanela aberta a exposicións dixitais, documentos históricos, obras de arte, materiais científicos e outros tesouros que reflicten a esencia do noso Campus. Un espazo de acceso libre e inclusivo, onde a comunidade universitaria e a sociedade en xeral poden descubrir e compartir o valor do coñecemento e da cultura.

Descúbreas

As nosas Coleccións

Descúbreas

Exposicións e Novidades

Promovemos a divulgación do noso patrimonio a través de exposicións temporais que exploran temas innovadores, artísticos e científicos. Estas exposicións ofrecen ao público unha oportunidade única para coñecer novas perspectivas e descubrir o valor das nosas coleccións nun contexto dinámico e actual.