Arboreto

Descubre o Arboreto do Campus de Pontevedra

O Arboreto do Campus de Pontevedra é un verdadeiro xardín botánico ao aire libre, que reúne 54 especies de árbores procedentes de distintas partes do mundo, desde Galicia e as Illas Canarias ata Xapón, Corea ou os Estados Unidos. Este espazo natural, integrado nunha zona urbana, ofrece un percorrido de 2 km pensado para gozar comodamente da biodiversidade e aprender sobre a flora que nos rodea.

Cada árbore conta cun cartel identificativo e un código QR que permite ampliar a información dende o móbil, combinando natureza e tecnoloxía nunha experiencia educativa e sensorial.

Animámosvos a pasear entre especies autóctonas e exóticas, a descubrir as súas historias e curiosidades, e a conectar coa importancia das árbores no noso ecosistema.